O grupo Municipal reclama unha rectificación da presidencia de FIMO, que evite unha decisión drástica que somentes carga dun xeito inxusto e unilateral a carga dunha mala xestión no lombo das traballadoras e traballadores: estamos diante da solución de dereitas de toda a vida, a crise que a paguen os traballadores, non os mandamáis responsables.
EU reclama a celebración dunha xunta do organismo ferial con carácter urxente para abordar a situación creada e a inmediata intervención da alcaldía de Ferrol, que non pode restar impasible diante da fuga adiante na que se atopa a direción do recinto feiral ferrolá.