Despilfarro do Goberno local

 

O Consello Comarcal de EU Coruña considera que a acción desenvolvida polo concello, lonxe de funcionar como reclamo publicitario para a cidade, responde a intencións electoralistas do goberno local. Pois semella non ter sentido algún desenvolver unha acción destinada para que os propios coruñeses e coruñesas coñezan a cidade dende o aire, dentro da campaña que está a desenvolver o concello para promocionar A Coruña. 

 

Xa que logo, Esquerda Unida rexeita o bo fletado polo concello por consideralo un malgasto inasumíbel nestes tempos de crise, que ademais non reporta ningún beneficio para a cidade, nen serve de reclamo publicitario.

 

O Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, indicou que “non ten sentido algún pretender promover turísticamente a cidade entre os propoios coruñeses” polo que esixiu ao concello que indique o importe exacto que lle custou a cidadanía coruñesa o paseo en avión de Losada e Tello.

 

Santiso expresou o seu asombro e indignación diante desta acción de corte claramente populista afirmando “coa que está a caer, tirar os cartos desta maneira pon de manifesto a seriedade política e o compromiso social que teñen algúns. A verdade que diante destas accións, sinto vergoña allea”.

Relacionados