Despilfarro e ineficiencia

Respostas propias dun goberno ao que lle molesta a cidadanía e que somentes se atopa cómodo na escuridade dos negocios privados.

O xordimento da iniciativa Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos expresa o malestar cidadán cunha política do PP inútil e onerosa: non se atenden as pequeñas e importantes demandas da cidadanía e se malgastan cartos públicos en proxectos e rectificación de proxectos que semellan no intre actual claramente innnecesarios. EU saúda e  apoia esta iniciativa cidadá.

A recente limpeza do lavadoiro da mina de ouro de Ponzos expresa o exemplo de como se poden facer as cousas e como, desgrazadamente, non se fan por este Goberno Municipal. Ou o exemplo da cidadá maior que tivo que desbrozar o vial de san Xurxo, son exemplos que deixan en evidencia a incapacidade do Goberno para atender aos pequenos arranxos que fan máis fácil a vida das persoas e que unha acción municipal eficiente e eficaz debería producir.

Non é o caso. Este Goberno prefire pagar moito por obras grandes innecesarias e desatender as pequenas e importantes demandas da cidadanía formuladas para preservar do deterioro aos espazos públicos da cidade: de Esteiro ao vial de San Xurxo, abondan casos de desatención que deberían producir unha severa rectificación deste Goberno Municipal.

Esquerda Unida empraza a alcadía de Ferrol a asumir a loita contra o desemprego e a recuperación dos espazos públicos da cidade mediante o investimento dos cartos públicos que se queren enterra na praza de España nunha iniciativa dstinta, a da contratción como cuadrillas de obras e servizos a  persoas desempregadas da nosa cidade. O estado físico e social de Ferrol agradecería a realización dunha iniciativa positiva e económica. Son estes tempos para achegar emprego na nosa cidade con investimentos necesarios.

 

Relacionados