Deterioro do Paseo de Doniños

 

Esta parálise, estendida a moitas e diferentes actuacións do Goberno, resulta frustrante para a nosa cidadanía: sexa nos viais ou no mantemento de diferentes equipamentos nas parroquias semella transparentar a falla de acción e a pouca capacidade de xestión deste Goberno. Prefiren pecharse no concello ou destruír o noso patrimonio, constituindo unha verdadeira brigada de demolición, non un Goberno atento ás necesidades da nosa cidadanía.

 

Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a reparar de inmediato este paseo nun espazo natural privilexiado e considera indispensable que o Goberno actúe de maneira estable no tempo e coordinada nos seus diversos servizos para garantir a seguridade e os maiores equipamentos nas praias da cidade.

 

 

Estamos en xuño. Este Grupo se pregunta a que agarda o Goberno para pór en funcionamento todas as instalacións que prestan servizo nos areais, caso por exemplo dos servizos sanitarios, que aínda restan pechados cando cómpre xa poñelos en marcha.

 

Esquerda Unida demándalle ao Goberno que poña en marcha a programación completa de servizos e seguridade nos areais de Ferrol para mellor garantir lecer e a propia seguridade das persoas que se desprazan ás praias a gozar deste magnífico tesouro natural de que dispoñemos en Ferrol.

Relacionados