Deterioro tunel Praza de España

 

Os diferentes e profundos buratos do firme supoñen un severo risco para a seguridade vial do tráfico que o transita. Ou se evitan os furanchos invadindo o carril contrario ou se xoga a lotaría de destrozar a suspensión do vehículo, pero sempre se pon en risco a seguridade das persoas que o transitan nos seus automóbiles.

 

Javier Galán urxe ao concelleiro de obras a arranxar o firme do túnel de inmediato para previr calquera risco derivado do seu mal estado de conservación. EU dille ao Goberno que aforre os cartos que quere enterrar na praza de España e os adique a arranxar entre outras o pavimento deste túnel. Que pense na seguridade da veciñanza de Ferrol.

 

Esquerda Unida lembra a necesidade de reforzar a cuadrilla de obras municipal para que poida facer fronte as pequenas obras de conservación e reparación cun custo menor para as arcas municipais e coa celeridade que demanda a nosa cidadanía. Lamentablemente o vía crucis dos recortes semella non ten fin para o Partido Popular; teña o custe que teña, sexa en materia de seguridade ou en euros do concello.

Relacionados