A nosa organización entende que o respecto á cidadanía e ao interese xeral esixe esa medida compensatoria, mínimamente compensatoria, porque non vale todo na parte privada para facer cartos contra as necesidades da veciñanza.
Esquerda Unida insta ao Goberno Municipal a estabelecer mecanismos participados que garantan o control nas obras que virán en diante, para que as empresas contratistas se suxeiten as condicións marcadas nos pregos e no eido da seguridade laboral e as subcontratacións. EU defenderá a limitación das subcontratacións para evitar os encadeamentos fraudulentos, que rematan por facer saltar polo ár os contidos dos pregos de licitación.
A realización das obras cando se fai nas condicións determinadas nos pregos repercuten tanto na garantía das condicións laborais dos traballadores delas canto no interese xeral ao suxeitarse ao licitado. E o Goberno Municipal ten que ser o elemento básico que garanta tal respecto aos contratos. Que se pagan con diñeiro de todas e todos nós, con diñeiro público.