Devolución dos montes Cha

como montes comunais á veciñanza  expropiada deles na ditadura franquista.

 

Este Grupo Municipal Quérese facer eco dos incumprimentos de alcadía neste tema. Esta tivera en novembro de 2011 unha xuntanza coa directiva da asociación Montes Veciñais do Cha, comprometéndose  a voltar a reunirse coa asociación ao mes ou mes e medio, logo de pedir e elaborar un informe de patrimonio que fundamentara a retirada das alegacións feitas en contra da demanda veciñal.

Cando nos achegamos ao ano desa xuntanza, nada houbo do falado e Esquerda Unida pregunta se ese silencio non agocha a complicidade do goberno do PP co atropelo cometido na ditadura e que este Goberno Municipal non quere axudar a corrixir. Facémonos solidarios das demandas veciñais neste asunto.

Esquerda Unida reclama que de maneira urxente o Goberno Municipal se reúna coa directiva da asociación, cumprindo a demanda de esta e o faga provisto dos informes pertinentes e para dar satisfacción a unha demanda veciñal xusta e que conta co apoio deste Grupo Municipal, que xunto a outros xa presentara no Pleno unha moción favorable á devolución aos comuneiros deses montes.

Todo goberno democrático ten que marcarse como obxectivo reparar unha inxustiza perpetrada pola ditadura franquista. Nesa empresa Esquerda Unida avogará pola xusta causa dos comuneiros.

 

Relacionados