Día da Visibilidade Lésbica

 

Esquerda Unida, no día da visibilidade lésbica, comprométese a pular por que a axenda pública recoñeza a igualdade e diversidade sexual. Neste sentido, reafirmamos o noso compromiso para que a axenda política, a lexislación, a educación, a sanidade, o ámbito laboral e todo tipo de sectores recoñezan a igualdade e diversidade de todas as mulleres e incorporen as necesidades e demandas das mulleres lesbianas, polo que esiximos ao Goberno central que dea marcha atrás na súa escalada de recortes sociais, que teñen unha directa consecuencia tamén en materia de igualdade.

 

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes recorda que o seu programa electoral recolle propostas clave para a igualdade, visibilidade e empoderamento das mulleres lesbianas, como a reforma da lei de reprodución asistida para permitir a doazón de óvulos no seo de parellas de mulleres. Queremos seguir mostrando ao mundo a diversidade como aquilo é, un valor a difundir, que en vez de consideralo un suxeito ser criminalizar e perseguido.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “este é un día para lembrar e honrar a todas aquelas mulleres que combateron nos tempos máis difíciles da historia reclamando dereitos que posteriormente se gañaron, sen esquecer outros que están por conquistar. A día de hoxe, temos leis que están a protexer ao colectivo mais non por iso debemos abandonar unha loita que aínda será longa e dura, pero que sabemos con certeza que pagará a pena”.

 

Dende EU non queremos deixar pasar a oportunidade de remarcar o gran traballo que leva adiante o colectivo lésbico no seo da sociedade española, loitando contra a discriminación que a invisibilidade provoca e que obriga a miles de mulleres a vivir sen plenitude nin liberdade.

 

Asemade queremos felicitar, neste gran día, a todas as mulleres que non esconden a súa orientación sexual, senón que a visibilizan e vívena con orgullo e liberdade, e que loitan tan ferventemente non para ser toleradas no mundo, senón para construír uno novo, diverso, igualitario e xusto.

Relacionados