Día dos Dereitos Humanos

Hoxe Esquerda Unida conmemorou o 65 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, eses mesmos que tanto o goberno de Rajoy coma o de Feijóo vulneran a diario coas súas políticas antipersoa e austericidas.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, xunto coa deputada Eva Solla e os deputados Xabier Ron e Ramón Vázquez, estiveron esta mañá en Ferrol, unha das comarcas máis maltratadas a nivel económico, onde deron lectura de parte dos dereitos vulnerados polos gobernos que din velar pola cidadanía.

Relacionados