En 1915, celebrouse un congreso internacional de mulleres, do que xurdiu a Liga Internacional pola Paz e a Liberdade.
En 1987 as mulleres do Estado de Israel que se opuxeron á ocupación dos territorios palestinos adoptaron o nome Mulleres de Negro, constituíronse como un amplo movemento de mulleres feministas e pacifistas.
As mobilizacións do pacifismo europeo tiveron tamén un gran eco na antiga Iugoslavia, da que xurdiu unha Rede Internacional de Mulleres contra a Guerra.
En España, nos anos 80 a partir da oposición á entrada de España na OTAN, organizáronse unha gran cantidade de colectivos feministas antimilitaristas. A partir dos anos 90 empézase a recoñecer expresamente que a violencia contra as mulleres, é unha secuela que de forma estrutural invade toda a sociedade.
A partir deste momento, o feminismo designa directamente á violencia contra as mulleres, como elemento inseparable do patriarcado.
Pretenderon que xustificásemos a guerra en Afganistán porque un dos seus obxectivos ía ser liberar ás mulleres das aberracións sufridas a mans dos talibán. Hoxe seguen silenciadas e vixiadas debaixo dos mesmos burkas.
Ao longo da historia, ata os nosos días, o corpo das mulleres foi empregado como arma de guerra para humillar ao adversario, violándoas, mutilándoas e permitindo aos soldados que utilicen ás mulleres como escravas sexuais.
Os feminicidios de Cidade Juárez e Guatemala non só comprenden os asasinatos cruentos de mulleres novas, traballadoras e pobres, senón que ademais abarcan violacións, expropiación dos seus bens, o secuestro e a privación xeral da súa liberdade. Feitos realizados por homes que de xeito organizado ou individualmente, impón a crueldade patriarcal.
Nas situacións de crise económica, como a que agora padecemos, a tendencia xeneralizada é relegar ás mulleres ao fogar, para que sexan os homes os que ocupen o mercado laboral.
Nos estados de moita poboación migrante, as mulleres son o intercambio para a paz. Así se fala de non alternala consentindo que nenas e mulleres sexan mutiladas con veos, burkas, ablacións e sometemento aos homes, que en prol do respecto ás súas culturas, relegan ás mulleres ao roll de obxecto propio.
Desde EU denunciamos constantemente a nosa oposición ás guerras e ás invasións duns países a outros e que os soldados da ONU, intercambiaron pan por explotación sexual.
O movemento de mulleres pola paz e o desarmamento vai unido intrinsecamente á posición frontal contra a violencia machista e á opresión que o patriarcado exerce contra as mulleres.
Fronte ao militarismo e a guerra, contra a violencia cara ás mulleres, as feministas defendemos a globalización dos valores de igualdade, o dereito á diferenza, á liberdade e á xustiza.
Fronte á violencia machista e patriarcal, defendemos unha sociedade de iguais onde a violencia estea fóra das nosas vidas.
Fóra a Guerra da Historia!
Fóra a Violencia das nosas Vidas!