Día internacional das persoas maiores

O tema de conmemoración deste ano é o seguinte: “o futuro que queremos: o que din as persoas maiores”. Dende EU consideramos que o tema non puido ser máis acertado, nun contexto de crise como é o actual para avanzar cara o futuro debemos escoitar aos nosos maiores. Ninguén mellor que eles nos poderá falar de experiencias e necesidades. Unha sociedade que vive ao marxe dos maiores retrátase a si mesma como deleznable.

Pero é que tanto na Coruña como en diversos lugares do Estado estanse a producir recortes en dependencia, sanidade, pensións, etc.  Os diversos gobernos do PP establecen como prioridade o aforro antes que o benestar de persoas. Ante tales circunstancias, debemos esixir a inmediata modificación das actuais políticas.

Así, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a mellor forma na que o PP pode celebrar o día internacional das persoas maiores é asegurándolles: pensións, sanidade e dependencia. E dicir, cambiar o rumbo da súa política actual e marcar como preferencia á cidadanía, esa sociedade que lles concedeu o beneplácito de gobernar e da cal se esqueceron. Por primeira vez, na historia da democracia, en lugar de progresar a calidade de vida dos maiores, esta retrocede a pasos axigantados.

Esquerda Unida denuncia que as políticas “sociais” do PP non cumpren co mandato constitucional e abandonan a súa sorte ás persoas da terceira idade. A propia Constitución configura no seu artigo 50 un réxime especialmente reforzado de tutela dos dereitos dos nosos maiores, dispoñenndo que:

“Los poderes públicos garantizarán mediante pensiones adecuadas y periódicamente actualizadas, la suficiencia económica a los ciudadanos durante la tercera edad. Asimismo, y con independencia de las obligaciones familiares, promoverán su bienestar mediante un sistema de servicios sociales que atenderán sus problemas específicos de salud, vivienda, cultura y ocio”

O goberno municipal da cidade apenas ten en conta necesidades dos nosos maiores como se pode observar no déficit en canto a Centros de día equipados entre outras cosas con biblioteca, hemeroteca, así coma lugares de encontro na rúa protexidos das inclemencias do tempo para o seu esparcemento, espazos verdes con circuitos de exercicios, e sobre todo un servicio de axuda ao domicilio eficaz, eficiente e real.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “resulta dun cinismo desconcertante que o pp mentres se dedica a desmantelar os dereitos dos nosos maiores celebre o día internacional na defensa dos mesmos”.

Relacionados