Día mundial contra o racismo

 

A nosa organización entende necesario desenvolver esta acción planificada para previr e combater as tendenzas e actitudes racistas derivadas entre outras da grave situación de crise económica e social que padece a nosa sociedade e que adoita buscarchivos expiatorios nos colectivos máis vulnerables económica e socialmente.

 

O Plan que defende Esquerda Unida terá que abordar o conxunto de medidas concretas nos eidos social, educativo e de sensibilización para previr e enfrontar estes fenómenos en todos os eidos da vida social das persoas migrantes: no acceso ao traballo, no acceso a unha vivenda, no que atinxe ás prestacións sanitarias e educativas, nos espazos de socialización das persoas migrantes, ou no lecer e ocio deste colectivo cunha ollada intercultural. Queremos salientar a necesidade de que o Plan coide en particular a especificidade das mulleres, os menores estranxeiros non acompañados e tamén para a comunidade xitana. A elaboración dunha estatística global en relación co fenómeno do racismo semella unha ferramenta positiva, xunto coa potenciación do Consello sectorial, como órgano representativo chamado a procurar protagonismo e capacidade de decisión para estes colectivos.

 

O noso xuízo o plan debería incluír un protocolo de actuación para a policía municipal para abordar  coas máximas garantías as cuestións da protección e promoción dos dereitos humanos neste colectivo, hoxendía máis vulnerable e que adoita sufrir unha persecución instigada dende o propio Ministerio do Interior, coas tristemente circulares que marcan un número de persoas a identificar a partires somentes da prexuízo do aspecto físico.

 

Esquerda Unida considera que a elaboración do Plan se ten que acompañar dos recursos económicos e de persoal suficientes para a súa implementación. A terra de fraterna acollida que ten que ser Vigo necesita do compromiso político do poder local e dunha acción participativa dos colectivos sociais que traballan no eido da integración para ser unha realidade operante que favoreza os procesos de mestizaxe e integración social e cultural. Xa que logo, Esquerda Unida demanda do Goberno Municipal que garanta a non redución das partidas para a integración no vindeiro orzamento, asemade de contemplar unha partida específica para a elaboración e as accións deste Plan. Seguimos a avogar pola garantía de que todas as persoas que vivan en Vigo, sexa cal fora o seu estatus administrativo, poidan empadroarse para desta maneira poder acceder as prestacións sociais derivadas do concello e ter prestacións sanitarias e educativas.

Relacionados