Día Mundial da Loita contra a Sida

Tamén mostra a súa solidariedade coa complicada situación económica que atravesa a Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense, provocada pola política de recortes da Xunta de Galicia, os cales sempre afectan máis ós sectores desfavorecidos da sociedade.

A Xunta de Galicia reduciu en máis dun 50% as axudas e subvencións desta asociación, o que pon en perigo a continuidade das accións e programas que leva a cabo dende hai case 20 anos. Accións e programas que a Administración, dende sempre, se nega a xestionar directamente. A Xunta delega as súas funcións, competencias e responsabilidades nas ONGs e logo impide que as poidan levar a cabo pola asfixia económica a que as somete.

Multitude de persoas desta cidade se atoparán en situación de risco de exclusión social se non poden ser atendidas polo Comité Anti-SIDA (por exemplo, actualmente máis de 30 persoas incluso almorzan a diario na sede do Comité debido a carencia dun recurso municipal no que as persoas poidan permanecer algunas horas durante o día).

A Casa de Acollida para persoas afectadas pola SIDA de Ourense, dependente do Comité Cidadán Anti-SIDA, funciona dende 1994, nela residen oito persoas, as cales tamén teñen un futuro incerto. Só a voluntariedade e alta implicación dos membros do Comité Anti-SIDA (xunta directiva, persoal contratado, voluntariado, usuarios e residentes) fan posible que este recurso siga funcionando.

Temos que destacar que estes recortes non afectan por igual a tódalas provincias. A Xunta “reparte” as subvencións tendo en conta intereses partidistas e non criterios técnicos e, dende logo sen equidade. Esto é, os recortes son unha cuestión de vontade política.

Na Coruña, a Casa de Acollida para persoas afectadas pola SIDA conserva case o 100% da subvención que viña recibindo.

A incompetencia da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Traballo e Benestar, dirixida por José Selas Souto é a responsable de que Ourense sufrira un recorte das axudas da Xunta de un 40% dende o seu primeiro ano de mandato, chegando na actualidade a un 50%.

 

O lema deste ano da ONU é: “CHEGAR A CERO”

· Cero en novas infeccións

· Cero en mortes relacionadas coa SIDA

· Cero en estigma e discriminación.

Pois ben, a política inxusta e insolidaria da Xunta de Galicia, consistente no recorte indiscriminado de axudas e subvencións ó Comité Cidadán Anti-SIDA de Ourense e a Casa de Acollida terá como resultado todo o contario ó que propón a ONU. Provocará:

· Máis novos contaxios

· Máis mortes relacionadas coa SIDA

· Máis estigma e máis discriminación.

En canto ó nivel internacional, denunciamos a situación de desigualdade en canto ó acceso ós tratamentos entre países desenrolados e países pobres, elo nos obriga a que os países que contamos con maiores avances e recursos en prevención e tratamento do virus, teñamos unha actitude solidaria hacia eses países. Criticamos que a industria farmacéutica actúe habitualmente dun xeito puramente mercantil, sen responsabilidade social algunha. Esiximos ó Goberno de España que presione ás multinacionais farmacéuticas, no ámbito das relación internacionais e da cooperación ó desenrolo, abrindo liñas centradas na fabricación e distribución de medicamentos xenéricos para o Terceiro Mundo.

As mellores armas para loitar contra a SIDA están en nós mesmos. A millor vacina é a prevención. Os millores antirretrovirais son o cariño, a comprensión, o respeto e a solidariedade coas persoas afectadas polo VIH.

Esquerda Unida Ourense urxe a tódalas Administracións para que impulsen campañas de prevención e atención e esixe á Xunta que se alonxe destas políticas de recortes indiscriminados.

Esiximos á Administración que asuma a súa responsabilidade neste eido, con xustiza e solidariedade, con sentido comunitario, pois, como dí Eduardo Galeano:

O sentido comunitario é a forma máis fermosa de exercer o sentido común”.


Consello Comarcal de Esquerda Unida

Ourense, 1 decembro de 2011

 

 

Calquer recorte nas medidas de prevención e/ou tratamento é tremendamente caro, non só no humano e social, senón incluso no económico. Todo gasto en prevención e atención é unha inversión, non só pola súa rentabilidade humana e social (que debería ser suficiente) senón tamén pola económica, polo aforro que supón dos altos custos dos ingresos hospitalarios ou en prisións que se evitan.

 

Recentemente a Casa de Acollida para persoas afectadas pola SIDA de Vigo tivo que pechar as súas portas, debido tamén ós sucesivos recortes das subvencións. A Xunta non se fixo cargo das persoas que residían nela, non asumiu a súa obriga de garantir unha alternativa de acollida para estas persoas, nun avanzado estado da enfermidade.

Relacionados