A publicación do último informe do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) non deixa lugar a dúbidas: teremos que soportar fenómenos climáticos extremos (furacáns, sequías…), extinción de moitas especies e escaseza de auga e alimentos a nivel mundial.
Esquerda Unida comprometeuse a cumplir na pasadas eleccións ao Parlamento Europeo as 14 propostas das cinco principais organizacións ambientais de España, entre as que destacan tres obxectivos ambiciosos para 2030 relacionados co clima e a enerxía: 55% de reduccións de emisións de gases de efecto invernadoiro (comparadas con 1990), un 45% de enerxías renovables e un 40% de eficiencia enerxética (tomando 2005 como ano de referencia).
Neste momento, no que se inicia o declive da extracción de petróleo e no que as consecuencias do cambio climático ameazan a vida e a saúde de gran parte da poboación, é unha grave irresponsabilidade non asumir unha transición cara unha economía sostible.
Os países ricos seguen a insistir na explotación de combustibles fósiles, aínda a costa de asumir maiores riscos e custos ambientais (fracking, petróleo en augas profundas, arenas bituminosas…). A dependencia destes combustibles é crítica en sectores básicos do noso sistema económico: a enerxía, o transporte e a alimentación (agroindustria). Nestes sectores precisamos cambios radicais e urxentes.
As propostas de EU para conseguir un modelo enerxético democrático, xusto e sostible, promocionar a agricultura tradicional e familiar fronte a agroindustria, organizar un modelo de transporte público e social, ou defender unha explotación racional dos recursos naturais, van nesa dirección.
A cidadanía xa está a precibir que o modelo baseado nos mercados e na explotación intensiva de recursos non xenera a riqueza e o benestar que promete. As crecentes desigualdades sociais e as evidencias dos límites ambientais fan imprescindible o cambio.
É hora de pasar á acción e promover medidas audaces, de asumir que o modelo capitalista de crecemento constante é inviable.