Día mundial do medioambiente

Nesta ocasión optouse por denunciar un tema de enorme impacto na provincia: os estragos das obras do AVE. Utilizando a representación dunha inauguración ficticia do AVE como argumento, foronse escenificando os efectos das obras e detallando os destrozos que estamos a sufrir nos pobos, na paisaxe e nos ecosistemas.  Entre os comunicados que se emitiron, un representante dos pobos máis afectados, Porto-Alemparte, puxo en evidencia a doble agresión que supón o feito de soportar as obras dun tren elitista que non van utilizar, e ademáis ter que sufrir o drástico recorte de servizos de media distancia, imprescindibles para comunicar o rural co resto do país. Precisamente por ese motivo, ao lema da campaña, “Paremos os estragos do AVE”, se engadiu: “Non ao desmantelamento do ferrocarril”.

 

Dende EU Ourense felicitamos a tod@s @s voluntari@s que fixeron posible o acto reivindicativo, colaborando na exposición de paneis informativos, folletos e comunicados.

Relacionados