Día pola despenalización do aborto

 

En Galicia moitas mulleres siguen tendo dificultades neste dereito como resultado dunha lei que deixou sen atar temas fundamentais e a pouca vontade política dos diferentes gobernos que participan no seu desenvolvemento.

 

Na aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción voluntaria do Embarazo. Unha vez máis, os dereitos das mulleres están vulnerándose.

 

Cada comunidade autónoma ten aplicado a lei segundo as súas necesidades, intereses e principios. Polo que cada goberno autónomo está a pór os obstáculos que quere para complicar o acceso das mulleres a unha interrupción voluntaria do embarazo. Para verse amenguados os dereitos que a lei confire ás mulleres no acceso, a gratuidade e a confidencialidade. ESQUERDA UNIDA rexeita a unha lei que recorta os dereitos que, en teoría, recoñecía, restrinxindo ao dereito a decidir das mulleres. A lei aprobouse sen asegurar a realización da interrupción voluntaria do embarazo (IVE) na rede da sanidade pública, sen garantir a equidade territorial, e sen regular o dereito á obxección de conciencia, minguando posibilidades de prestación nos centros sanitarios públicos.

 

A lei aprobouse mantendo o aborto no código penal e sen garantías no acceso ao aborto ás mulleres que exceden as 14 semanas de xestación, esixindo múltiples informes que prolongan un proceso duro xa para a muller, e que fan perigar a prestación, tendo en conta que se limita por un prazo de 22 semanas.

 

As mulleres enfrontámonos a gobernos autonómicos conservadores que atentan contra o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo, pondo molestias á lei, abrindo canles para subvencionar organizacións anti-elección, atacando os dereitos xa conseguidos. Lembremos todos que o PP abanderou unha campaña regresiva en contra desta Lei, presentando un recurso de inconstitucionalidade á mesma.

 

 Hoxe día internacional pola despenalización do aborto continuamos reivindicando:

 

·   1) Que o dereito a decidir sobre os nosos corpos regúlese exclusivamente nunha lei específica e deixe de estar tipificado como delito regulado dentro do Código Penal

·   2) Que se garanta a práctica da IVE na rede sanitaria pública e que se regule a obxección de conciencia do persoal sanitario

·   3) Que non se restrinxa o dereito á IVE por razóns de saúde da muller gestante en ningún momento do embarazo.

·   4) Que os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres novas en materia de IVE, teñan a mesma regulación que para o resto das mulleres.

·   5) Que se unifiquen criterios en todas as autonomías, que non permita unha lectura particular da lei, para que a Lei do Aborto sexa aplicada por igual en todo o territorio á marxe das posicións políticas e ideolóxicas.

·   6) Que a Unión Europea elabore unha lei europea que contemple o aborto libre e gratuíto.

 

 Área da muller EU Vigo

 

Relacionados