logo eu ferrol.jpg - 1.91 Kb

Domingos á escea

 

Este Grupo valora como moi necesario xerar a complicidade e colaboración das entidades e asociacións que conflúen nese proxecto cultural de base afortunado que son os Domingos a escena. Xa que logo, as posibles alteracións que se fagan deben ser elaboradas de xeito participado, rehuíndo imposicións.

  

Yolanda Díaz vén de requerir, na comisión informativa de cultura de hoxe,  a inmediata convocatoria do Padroado de Cultura coa finalidade de que este organismo, que organiza a representación da pluralidade de entidades culturais da cidade, emita posición sobre os cambios que o Goberno quere impor no ciclo dos Domingos a escena. Semella ineludible que este tema pase polo organismo representativo das entidades culturais da cidade.

 

Caranza énchese hai xa anos de persoas que gañaron o hábito de coñecer e gustar do teatro e que teñen neste ciclo unha oportunidade excepcional de disfrute da cultura e dunha cultura que se leva aos barrios.

 

Esquerda Unida vai defender que sexan o diálogo e os acordos que se tezan entre as entidades culturais as que permitan modificar para mellorar esta magnífica iniciativa cultural de base que son os Domingos a escena.

 

En orde a conquerir este obxectivo, EU vai presentar unha serie se propostas e suxestións para mellorar a proposta gubernamental, que entre outras cuestións que nos desacougan é que semella desaparecer a segunda parte do ciclo, que chegaría somentes ate decembro, sen ter continuidade ate abril como nestes anos pasados. E resumo, achegas propias de EU e a apertura deste debate ao órgano representativo, o Padroado, para preservar e mellorar unha iniciativa cultural senlleira.

Relacionados