Diáologo institucional

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes cree necesario cambiar a actual política municipal para que os orzamentos representen os intereses da maioría. O Goberno local debe ser consciente de que entrou no Goberno en 2011 con tan so o respaldo do 20% da poboación e o seu futuro no Goberno é canto menos incerto de cara as elección municipais do 2015. Non se poden aprobar en solitario obras millonarias que a cidade tardará moitos anos en pagar, cando hai barrios e veciños que carecen de servizos básicos, evitando así acadar un grado mínimo aceptable de estabilidade institucional. Apelamos ao sentido da coherencia do señor alcalde, que denunciaba na oposición que o Goberno aplicaba o seu rodete ante calquera alegación e convertía a aprobación de orzamentos nun “mero trámite”, “sen a máis mínima esperanza” de que sexan atendidas nin as primeiras reclamacións presentadas.  De acordo a lei hai un prazo para presentar reclamacións, pero ademais de que o PP isto resultaba insuficiente ata que entraron no Goberno en 2011, o carácter da reclamación permitida é de tipo técnico e non proposta política. Reclamamos que, debido ao impacto que teñen os orzamentos na calidade de vida da veciñanza, se establezan mecanismos de diálogo que permitan á oposición realizar achegas aos orzamentos antes da súa aprobación. Precisamos explorar, por responsabilidade cara a veciñanza, as posibilidades de articular nun tempo razoable unha alternativa orzamentaria, na que as inversións e proxectos que se estenden máis alá do mandato establecido para o actual Goberno, conten co respaldo de toda a corporación.

Neste sentido Esquerda Unida lamenta que o goberno municipal rexeitase a nosa moción para establecer canles de diálogo institucional na procura de acadar uns orzamentos máis consensuados, cuxa parte resolutiva indicaba:

O Pleno do Concello da Coruña insta ao goberno municipal a establecer, na fase final de elaboración dos orzamentos, reunións cos representantes dos grupos municipais para que estes coñezan a proposta de primeira man e poidan realizar achegas e suxestións na procura de acadar unhas contas municipais co maior grado de consenso posible.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os orzamentos teñen un impacto directo na calidade de vida da veciñanza, mais a realidade e que a súa aprobación,  tal e como dicía negreira cando estaba na oposición, é un mero trámite sen a máis mínima esperanza de modificación”.

Relacionados