Díaz critica a Feijóo no Pleno ao xustificar o acoso sexual e defender ao presidente da Deputación de Ourense

A coordinadora nacional de EU e viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz, acusou esta mañá no pleno ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de estar a xustificar o acoso sexual ao defender ao presidente da Deputación de Ourense acusado por este delito por unha muller á que supostamente ofreceu un posto de traballo a cambio de sexo.

“Sabe que lle di ás mulleres e as nenas desde país? Que é normal que sexan obxecto de mercadoría”, sinalou Díaz. “É gravísimo que o presidente da Deputación pida sexo a cambio de colocar a unha persoa, aínda máis grave é que Feijóo o ampare”, aclarou.

“35 mulleres asasinadas por homes. E vostede nos di que é normal que as mulleres sexamos agraviadas. Cal é a mensaxe do PP? Mulleres do mundo, sodes mercancía e podemos facer convosco o que nos de a gana”, finalizou a deputada.

Dende ‪‎Esquerda Unida‬ temos claro que a erradicación da violencia que sofren as mulleres no noso país ten que ser unha prioridade na folla de ruta do Goberno e que o terrorismo machista é unha cuestión de estado e, para combatelo, hai que utilizar os propios recursos do Estado.

Relacionados