Díaz defende que non haxa que depender das rentas familiares para acceder ás pensións non contributivas

A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de defender no Pleno a modificación da regulación do requisito de “carecer de rendas ou ingresos suficientes, de xeito que, con carácter xeral, para o recoñecemento dunha pensión non contributiva únicamente se teñan en conta os ingresos da persoa beneficiaria”, é dicir, con independencia dos ingresos das persoas coas que conviva, “configurando as prestacións non contributivas como un dereito individual”, explicou Díaz.

Coa fin de reforzar o principio de solidaridade do sistema público de pensións, “non chega cunha medida de tan corto alcance como a do PSOE, senón que é preciso unha reforma profunda do sistema”, sinalou Díaz, que remarcou que “En Marea ten unha proposta de reforma integral do sistema público de pensións, con propostas concretas para as pensións non contributivas, recollidas nas emendas presentadas a esta PNL do PSOE”.

“Queremos máis gasto público, máis pensións, máis saúde, máis sanidade e máis dignidade para as nosas pensionistas”, concluiu a deputada.

Ver a intervención dende aquí

Relacionados