A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de denunciar na comparecencia da ministra de Defensa, que non van declarar como proxecto de interese para a Defensa Nacional o Estaleiro 4.0 en Navantia Ferrol. “O Goberno debe aclarar á cidadanía quen executará o estaleiro 4.0 en Ferrol. Na liña actual, lamentablemente, non se podería acelarar a construción deste importante proxecto”, di Díaz.
En Marea conseguiu esta semana que se aprobase na Deputación Permanente a comparecencia da ministra de Defensa para que dese contas sobre construción do estaleiro 4.0 Navantia en Ferrol, na que foi moi clara e dixo que, “a pesar de estar ubicado en terreo que pertence á defensa nacional, non declararán este proxecto como adscrito a defensa nacional”. “Ninguén aclara quen vai sacar adiante esta obra, mais Robles aclara que non estará adscrito a defensa nacional”, denunciou a deputada.
“Sei que hai vontade en acelerar as fragatas para conseguir novos contratos, é o valor principal. E un elemento comercial poderoso, mais é evidente que falta o estaleiro”, incidiu a voceira, que concluiu incidindo ao Goberno en que debe dicir á sociedade quen executará este proxecto porque, “se imos cara un proceso ordinario, lamentablemente non se podería acelerar a construción do proxecto”.
Ver o vídeo dende: