A voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de interpelar en Comisión á Ministra de Industria, Reyes Maroto, para coñecer as previsións de futuro que ten o Goberno para o futuro de Alcoa.
“A proposta do Goberno é pasar o problema á Xunta, mais a Xunta non ten competencias sobre o prezo da enerxía. Está nas súas mans, Ministra”, insistiu a deputada.
Díaz sinalou que “calquer país defendería a produción do aluminio primario, un material moi necesario no século XXI” e, precisamente, “Alcoa forma parte dun sector estratéxico que cómpre protexer polo que non se poden abandonar aos traballadores nas rúas cando a multinacional Alcoa recibiu millóns en axudas públicas”. “Se non interveñen dende a SEPI, deixarán caer a esta empresa estratéxica”, sinalou a deputada.
A voceira de Industria tamén destacou que Alcoa non pode sobrevivir coas subastas como propón a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera: “A proposta do Goberno de reducir os bloques de produción puxo en xaque a numerosas empresas. As subastas do Goberno son peores que as do PP”, denunciou.
Ver a súa intervención en: