A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de interpelar á Ministra de Traballo, Magdalena Valerio, para coñecer as previsións de futuro no relativo á revalorización das pensións.
“Queremos saúdar aos pensionistas que se atopan en tribuna e concentrados ás portas do Congreso. O que lle pedimos ao Goberno é algo ben sinxelo: claridade. A nosa pregunta é curta: van revalorizan por Lei ou non as pensións de acordo ao IPC?”, inquire a deputada.
“Arrincamos ao Goberno do PSOE o compromiso de revalorizar as pensións este ano e o seguinte. Pero non se trata só diso: hai que avanzar no dereito das e dos pensionistas a revalorizar as súas pensións para que non caian na pobreza”, apunta.
“É unha cuestión de xustiza social, nin a Seguridade Social nin as e os pensionistas foron os causantes de crise, ao contrario, sustentaron as familias neses anos. Os que causaron a crise foron os banqueiros, aos que o Goberno do PSOE renuncia a gravar con impostos”, remata Díaz.
Ver a intervención en: