Díaz: “Péchase a causa do siniestro do Alvia, que puidera ser evitado, sen depurar responsabilidades políticas”

“É decepcionante que neste fin de réxime se peche a causa do siniestro do Alvia sen depurar responsabilidades políticas e deixando ás vítimas e as súas familias en total indefensión”, denuncia Yolanda Díaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida, en referencia ao auto do xuíz do caso Alvia, que mantén como único imputado por homicidio imprudente ao maquinista.

“Estamos ante o máis dramático sinistro ferroviario ocorrido no país, un accidente que non pode quedar sen resposta, polo que continuaremos pedindo unha Comisión de Investigación que xa solicitaramos dende AGE e que foi denegada sistemáticamente polos gobernos. É inxusto e pouco serio trasladar toda a culpabilidade do accidente ao maquinista, xa que é unha cuestión de xustiza e ética darlle ás vítimas e ás súa familias as explicacións que merece”, explica Díaz.

“Segundo os novos datos, que entón non se coñecían en torno ao descarrilamento, se pode intuír que houbo decisións, tamén no ámbito político, que provocaron unha importante diminución da seguridade e que eticamente deben ser investigadas para saber se o sinistros poido ser evitado”, denuncia.

Dende Esquerda Unida apoiaremos a concentración que levará a cabo a Plataforma Vítimas Alvia 04155, que terá lugar este venres 9 de outubro en Santiago fronte aos xulgados composteláns, solicitando a súa repulsa ante o peche da causa e deixándoas na máis dura indefensión.

Relacionados