Díaz pregunta á Ministra Fátima Báñez sobre o motivo de deixar de gastar 10.222 millóns de euros en prestacións sociais

Yolanda Díaz pregunta á Ministra de Emprego, Fátima Báñez, polos motivos que levou ao seu Ministerio a non executar, nos últimos tres anos, máis de 10.000 millóns de euros en prestacións. Con estos cartos, máis de 2 millóns de persoas desempregadas no noso país podían ter protección.

“Que opinión lle merece que o Goberno con maior paro da UE non execute 10.222 millóns de euros adicados á protección social?”, dixo Yolanda Díaz a Fátima Bañez. “Imaxine que descubrimos que unha nai ou pai tiña diñeiro para evitar que as súas fillas/os pasasen frío e fame e non fixo nada?”, sinala. “A cidadanía sabe que a crise é unha estafa, pero o que nunca pensou é que, a propósito, o Goberno ía deixar tirada á xente”, rematou.

Relacionados