Yolanda Díaz reivindica na Deputación Permanente do Congreso unha serie de demandas imprescindibles para o noso país

Na Deputación Permanente do Congreso, a voceira de En Marea, Yolanda Díaz, vén de presentar unha serie de demandas imprescindibles para o noso país. Respecto ás condicións salariais e de emprego, Díaz sinalou que “se o PP estivera no Goberno o sistema público de pensións estaría liquidado. Ademais, é unha vergoña que se atrevan a falar das condicións salariais cando empobreceron aos traballadores/as coas reformas laborais”. 

Segundo a deputada, agora “o debate pendente está en como mellorar os ingresos para garantizar o sistema público de pensións”, apuntou a voceira de En Marea, Yolanda Díaz, na Diputación Permanente do Congreso.

 

Ver intervención sobre condicións laborais:

 

A voceira de En Marea, Yolanda Díaz, na Diputación Permanente, tamén falou sobre a importancia das compensacións aos Centros Especiais de Emprego pola subida do salario mínimo. “A aportación pública e o esforzo para o mantemento dos postos de traballo nos Centros Especiais de Emprego é moi importante, teñen un cuantioso número de axudas públicas. É certo que no seu momento foron do 75% da bonificación do SMI, pero actualmente o marco de incrementos do SMI, grazas á negociación do noso grupo co Goberno, é moi positivo para as traballadoras/es”, incidiu.

 

Ver intervención sobre os Centros de Emprego:

 

Por último, Díaz recalcou a necesidade de termos un estaleiro 4.0. “A construción das fragatas F110 requiren dun novo espazo que aínda non está dispoñible. O estaleiro 4.0 é unha obra fundamental e pedimos á ministra Margarita Robles a axilización da construción”, dixo.

Neste senso, Díaz denunciou en reiteradas ocasións o retraso na construcción desta obra clave para o cumprimento e execución da construción das fragatas F-110. “Xa se presentaron diversas iniciativas no Congreso debido ao retraso, por parte do Goberno, da aprobación en Consello de Ministros da orde de execución das fragatas, trámite que o propio Presidente do Executivo, Pedro Sánchez, se comprometera a ter resolto antes da finalización do ano 2018”, lembrou.

A voceira de En Marea denuncia que as partes implicadas neste proxecto, o Ministerio de Defensa por unha banda e Navantia pola outra non aclaran, entre eles, quen debe promover cada un dos trámites pendentes para o inicio da obra de construción do estaleiro, o que está a retrasar a execución do proxecto. Esta ineficacia institucional, denuncia Yolanda Díaz, “está a por en risco o futuro da industria naval no noso país, e, polo tanto, tamén o de miles de postos de traballo na comarca de Ferrolterra”.

 

Ver a intervención sobre o estaleiro 4.0: 

 

Relacionados