A deputada de En Marea, Yolanda Díaz, vén de intervir na Comisión de Investigación da Crise Financeira para interpelar ao Conselleiro Delegado de CaixaBank, Gonzalo Gortázar Rotaeche.
“Deben devolver á cidadanía o perdido polo rescate bancario. É unha obriga garantir os dereitos sociais e non seguir alimentandos os fondos buitre para seguir especulando”, apuntou a deputada, que preguntou ao Conselleiro Delegado de CaixaBank se “son conscientes da gravidade dos feitos provocados pola crise e de como milleiros se persoas quedaron sen nada, así como que alternativas están dispostos a ofrecer”.