Dimisión de Corina Porro

O deputado, Juan Manuel Fajardo, asegura que “unha persoa que cobra máis de 70.000 euros e nin tan sequera se molesta en ler dúas follas de orzamentos queda inhabilitada para exercer o seu cargo” polo que pide a súa inmediata dimisión.

Santiago de Compostela, 18 xaneiro de 2013.- O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Manuel Fajardo, considera que “unha persoa que ostenta un cargo como o de presidenta do Consello Económico e Social cobrando máis de 70.000 euros ao ano e nin tan sequera molestase en mirar as dúas follas de orzamentos queda claro que non fai o seu traballo polo que pedimos á señora Corina Porro que directamente abandone o seu cargo”.

Así mesmo, desde Alternativa Galega de Esquerda consideran que o comunicado enviado onte polo CES tras a comparecencia na que informaba de que se levará a cabo unha redución tamén no soldo da presidenta, que lembramos non aparecía nun primeiro momento, “queda corto xa que ten que renunciar tamén ao coche oficial”.

Juan Manuel Fajardo destacou por outra banda a utilidade da oposición que está a realizar Alternativa Galega de Esquerda que entre outras cousas provocou que se correxiran determinadas ‘deficiencias’ nos orzamentos  tal e como quedou de manifesto na comparecencia da presidenta do Consello Económico e Social que tivo lugar onte.

Relacionados