Dimisión conselleiro de educación

Os deputados, Xabier Ron e Ramón Vázquez, acusan ao conselleiro de estar a gobernar “en fraude democrático e fraude de lei” tal e como demostran as últimas sentencias do TSXG

Santiago de Compostela, 15 marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda pide a dimisión do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, xa que “destroza todo o que toca” cunhas decisións políticas que fulminan o carácter gratuíto e universal do sistema público do noso país. Os deputados, Xabier Ron e Ramón Vázquez, denunciaron o “repago” do servizo de comedores que anunciou o conselleiro e que suporá o colapso económico as clases populares e medias incumprindo ademais a palabra dada por Jesús Vázquez en campaña electoral na que “repetiu unha e outra” vez que non ía subir o prezo dos comedores escolares.

Ramón Vázquez asegurou que a nova medida anunciada supón unha situación inasumible para as familias con menos recursos. Así, “unha familia monoparental cuns ingresos de 1.001 euros terán que pagar 50 euros ao mes polo comedor do seu fillo, un gasto que se suma á hipoteca, luz, auga, copago nos medicamentos, libros de texto, roupa e demáis gastos”. O deputado de AGE considera “indigno” que o conselleiro trate de engañarnos ao dicir que é unha medida equitativa xa que únicamente persigue seguir afogando á cidadanía do común e dar un paso máis na privatización do sistema educativo galego.

Desde AGE insisten en que a solución pasa por establecer medidas fiscais de xeito que as rendas máis altas sexan as paguen máis impostos e por consecuencia paguen máis polos servizos públicos e non como se fai agora mesmo “con beneficios fiscais para as os que máis teñen e pisarlle a cabeza unha vez máis aos que están abaixo”.

Fraude democrático e fraude de lei

O deputado de AGE, Ramón Vázquez acusou ao PP de “estar a gobernar en fraude democrático pero tamén en fraude de lei” xa que por unha banda está a facer todo o contrario do que prometeu en campaña electoral e por outra, as últimas sentencias xudiciais contrarias ao decreto do plurilingüismo e aos concertos con centros educativos segregadores o demostran.

Desde AGE celebran a última sentencia do TSXG contraria a financiar con cartos públicos a centros educativos nos que se segrega por razón do sexo, coincidindo coas iniciativas parlamentarias e a Proposición non de lei presentada polo grupo parlamentario na que se pedía ademáis que os 3 millóns de euros anuais que se están a destinar a este tipo de centros se invistan no sistema educativo público, “por exemplo pagando os comedores escolares en lugar de que obrigar a que sexan as familias as que o teñan que pagar”.

 

Relacionados