Dimisión ou cambio de área

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes pide responsabilidades políticas aos que permitiron que a empresa desenvolvese a súa actividade industrial cun epígrafe incorrecto do IAE durante décadas, semella inaudito que o Concello permitise a dita situación de “alegalidade”, que ademais de ir contra o dereito tributario, de seguro que supuxo diferenzas recadatorias.

 

Por outra banda a utilización por parte da empresa de 1.500 m. de zona verde pon de manifesto unha vez máis que A Coruña é unha cidade sen lei, onde moitos empresarios campan as súas anchas.

 

Respecto ao emprazamento físico da empresa Maderas Peteiro queremos reiterar a nosa postura de que independentemente da posibilidade xurídica de legalizar a súa situación, Esquerda Unida rexeita a permanencia dunha industria nunha zona residencial, xa que entende que está en contra dos máis elementais principios urbanísticos, entendendo que as actividades industriais deben situarse en polígonos industriais.

 

Xa que logo, rexeitamos os convenios de legalización asinados entre a madereira e anteriores Gobernos do PSOE, porque son prexudiciais para o conxunto da cidadanía e apostamos porque o Concello outorgue a empresa Maderas Peteiro as facilidades necesarias para o seu traslado a un polígono industrial sen que supoña o cese da actividade e a perda dos postos de traballo que xera, pero tampouco un lucro para a empresa.

 

En relación coa promotora constituída polo edil de urbanismo cos propietarios da empresa Madeiras peteiro, sogro, muller e cuñado, queremos facer público que Esquerda Unida – Os Verdes temos unha concepción da actividade política radicalmente diferente a dos partidos tradicionais. Para nos un representante político non pode ter intereses persoais o familiares na súa área de responsabilidade, xa que logo, EU-V nunca nomearía concelleiro de urbanismo ao accionista dunha promotora inmobiliaria, e menos a alguén con intereses persoais o familiares directos en asuntos urbanísticos do concello no que exerce a súa responsabilidade política.

 

Esquerda Unida pide a dimisión ou cambio de área do concelleiro de urbanismo, non por motivos de legalidade, xa que non temos ningún dato que apunte no sentido de que se cometesen ilegalidades, senón porque se trata dun tema de ética ou más ben de estética. Non semella correcto que unha persoa con intereses urbanísticos dirixa o área, son precisamente este tipo de situacións as que provocan desconfianza e desafección da cidadanía coa clase política.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non dubido da honradez e profesionalidade do tenente de alcalde de urbanismo, persoa que se caracteriza polo seu talante dialogante e a súa grande valía profesional, máis a situación require duna actuación por parte dos poderes públicos, mais quero expresar con toda a contundencia que a postura de Esquerda Unida – Os Verdes é que Sr. Negreira debería escoller para dirixir o urbanismo no Concello da Coruña a unha persoa que non teña intereses persoais ou familiares directos en cuestións urbanísticas”.

Relacionados