Dimisión Valedor do Pobo

 

Esquerda Unida – Os Verdes reclama a dimisión do valedor do pobo  polos seus pronunciamentos que non só xustifican a sistemática de agresión sociais do Goberno Feijóo senón que chaman mesmamente a desmontaxe da feble andamiaxe social que resta no noso país.

 

Asçi o xeito de facer do actual Valedor non deixa de afondar na fonda crise de lexitimación social que padecen as institucións públicas, cando no actual intre o que semella necesario é acentuar a praxe social de todas as institucións públicas que se concibiron como pequenos contrapoderes fiscalizadores da actuación do goberno galego.

 

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que hoxendía, coa crise de lexitimidade das institucións públicas, o que necesitamos son contrapoderes que fiscalicen as agresións do goberno Feijóo en lugar dunha institución que está representada por unha persoa que semella ter maneiras de conselleiro que previsto de tesoiras ou dunha motoserra continúe a laboura de devastación social que o Goberno Feijóo está a desenvolver coa sistemática de recortes nos servizos públicos e nos dereitos da cidadanía, así  como coas privatizacións de escolas infantís, centros de saúde e hospitais.

 

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz sinalou que “ cómpre que deixe de facer méritos para ser conselleiro, e se adique a defender os dereitos que temos recoñecidos a cidadanía”.

 

“Os seus pronunciamentos son indignos da institución que representa,” finalizou Yolanda Díaz.

Relacionados