Dique de Ferrol

O presidente da SEPI informou esta tarde que aínda están estudando as consecuencias de realizar unha consulta formal sobre a construción do dique de Ferrol e a petición das restricións marcadas pola UE para España.

Santiago de Compostela, 21 marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda considera inaceptábel que o presidente da Socieadde Estatal de Participacións Industriais (Sepi), Ramón Aguirre, diga a día de hoxe que están estudando as consecuencias de facer a consulta formal sobre a construción do dique de Ferrol e de pedir o levantamento das restricións marcadas pola UE para España. Mentres no goberno do Estado seguen a dar voltas sobre como facer ou non está consulta ante Europa, a comarca de Ferrolterra continúa a morrer de fame pola incapacidade do PP para lograr carga de traballo.

Esta mesma mañá máis de 3.000 traballadores e traballadoras volveron saír as rúas de Ferrol para reclamar traballo para o que é imprescindible a construción desta infraestrutura.

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda presentou unha enmenda aos orzamentos na que se consignaban 21 millóns de euros para este exercicio e a mesma cantidade para a seguinte, destinada á construción do dique flotante de Ferrol, enmenda que foi rexeitada polo grupo parlamentar do Partido Popular demostrando a súa total falta de interese pola construción desta infraestrutura.

Así mesmo, ante as declaracións do presidente da Sepi nas que asegurou que Navantia xa cumple con todas as esixencias estipuladas no contrato con Pemex e que xa aportou os avais técnicos e bancarios, desde Alternativa Galega de Esquerda reclaman que, de ser isto certo como din, informen das data concreta na que o dique de Ferrol comezará a poder traballar.

Relacionados