Dique flotante

 

O obxecto da comparecencia é forzar o compromiso do Goberno coa construción neste exercicio do dique flotante.  Basta xa de declaracións mentireiras e orzamentos baleiros, toca dicir a queimarroupa se vai dotarse a construción do dique ou non, e afrontar entón a indignación social dunha comarca enteira.

 

A comparecencia pedida polo noso Grupo vai abordar a política de fomento do sector naval público na nosa comarca, en particular a cuestión da dotación orzamentaria do dique flotante e a elaboración da planificación para os estaleiros públicos, que permita gañar novos encargos e garantir emprego e a cohesión social que se deriva deste.

 

Javier Galán denuncia ao medo de alcaldía  ás protestas democráticas das traballadoras e traballadores do estaleiro público e o recurso claramente represivo e antidemocrático consistente en pechar o concello namentras se enche a praza de Armas coa protesta da plantilla, asemade de atrincheirar efectivos da policía nas dependencias municipais. O concello non é do Goberno é de toda a cidadanía, sinala Javier Galán. O concelleiro de EU salientou a falla de respecto do Goberno Municipal que desvía a xuntanza pedida polo comité de empresa do estaleiro coa mancomunidade e os grupos políticos da oposición do concello, onde se ía celebrar ao Torrente: quizabes o PP quere facer unha performance no centro cultural, cando do que se trata é de facer barcos e arranxalos e para iso necesítase o dique flotante.

 

Semella que o Goberno Municipal quere emular a ditadura franquista cun despregue policial que busca coutar ás demandas lexítimas da plantilla de Navantia. Incluso se lle denegou a entrada pola porta principal do concello ao edil Javier Galán, nunha  actuacións inaceptable e que amosa as eivas que en materia democrática ten un Goberno atrincheirado nunha voráxine de recortes.

 

Esquerda Unida  defenderá no trámite parlamentar a emenda que dote do orzamento axeitado á construción do dique flotante nesta anualidade, de xeito que se poña fin a hemorraxia de emprego que está a supor o desleixo co que o Goberno Rajoy, e en xeral o PP, está a deixar morrer o tema.  Javier Galán pregúntalle ao Goberno Municipal, diante da súa inacción e e compracencia neste tema, cantas persoas teñen que caer no saco do paro para que reaccione    e acade esa partida orzamentaria que semella imprescindible para garantir nova carga de traballo no sector das reparacións.

 

Yolanda Díaz asinou a petición por rexistro da celebración dunha Xunta de Voceiros que teña como puntos da orde do día os seguintes:

 

        Consignación orzamentaria para o dique flotante.

        Orzamentos xerais do Estado e repercusións na nosa cidade.

 

A Voceira do Grupo demanda celeridade á alcaldía para a súa celebración e fai un chamado a acordar unha posición unitaria de todas as forzas políticas (dando razón do consenso social existente na cidade sobre o maltrato a Ferrol) para que no trámite parlamentar se modifiquen uns orzamentos inútiles e contrarios aos intereses.

Relacionados