Dique flotante de Ferrol

O partido de Feijóo negouse unha vez máis a apoiar unha moción defendida por Yolanda Díaz, viceportavoz de AGE, dirixida a financiar a construción dun dique flotante en Ferrol. “Condenan a Ferrolterra á miseria”, declara Díaz, que levou a iniciativa ao pleno parlamentario desta mañá.

Non só o dique flotante, unha infraestrutura fundamental para a construción naval e para o que AGE esixiu outra vez 20 millóns de euros do Orzamento de 2014, figuraba no texto presentado por Alternativa. A viceportavoz reclamou carga de traballo para os estaleiros, investimentos produtivos, un plan estratéxico do naval, un escenario seguro para as bonificacións fiscais do tax lease e as actuacións precisas para que desapareza o veto á construción civil en Navantia-Fene.

A iniciativa de Alternativa Galega de Esquerda [no documento anexo] procura a conservación de milleiros de empregos e a xeración de riqueza social. “E se as direccións de Navantia ou a SEPI non cumpren o seu labor, cámbienas, pero non se escuden nelas”, acusou Yolanda Díaz.

Relacionados