Dique flotante

 

A iniciativa pretende dotar áas históricas Bazán e Astano dos mecanismos produtivos e legais necesarios para fornecer o seu futuro, que é tanto como o do emprego e a cohesión social no noso territorio. Así, Cayo Lara rexistra unha iniciativa no Congreso na que asume o carácter de imprescindible do investimento do dique flotante para este vindeiro orzamento, dada a actual e progresiva asfixia da carga de traballo dos asteleiros públicos de Ferrolterra, co seu correlato de despedimentos e incertidumes.

 

O noso Grupo Parlamentar coidará de que nas vindeiras contas públicas se recolla a partida orzamentaria suficiente para facer realidade o dique flotante. Nese empreño adiantou a determinación do Grupo o seu Voceiro, Cayo Lara.

 

Outra das cuestións suscitadas polo Grupo Parlamentar da Esquerda Plural atinxe ao futuro da construción civil pública en Fene, e en orde a elo pregúntase ao Goberno do Estado polas accións que vai levar adiante para conquerir o levantamento do veto decretado pola UE.

 

Esquerda Unida vai soster para este vindeiro orzamento a meirande determinación para conquerir os investimentos necesarios para garantir o emprego e o desenvolvemento produtivo e industrial das factorías, asemade do que elo achega a realidade social e económica de Ferrolterra e Galicia.

Relacionados