Discurso alleo á realidade

A executiva nacional de Esquerda Unida reclama ao mesmo tempo un proceso que nos permita a todas e todos exercer como cidadanía e non como súbditos. Un discurso que apela á igualdade e á democracia en boca dun monarca herdeiro de sangue, apuntalado por unha oligarquía non elexida que furta a participación do pobo. Un discurso que fala de dereitos, os mesmos que se vulneran nunha constitución que non respetan. Un discurso que di recoñecer que a unha España onde a “unidade non é uniformidade” ao mesmo tempo que priva aos pobos do seu dereito a decidir. Este discurso do herdeiro dunha pseudotransición, nos garante a pervivencia dun pacto evidente dos súbditos do réxime.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz manifesta que “hoxe afortálase un réxime que furta o dereito a decidir da cidadanía e nos converte en súbditos co beneplácito do bipartidismo harmónico de PP e PSOE”. Hoxe se pón de manifesto que os que se deben ao goberno do IBEX 35, nos privan de elexir democracia mentras se reforza o goberno da oligarquía, dos non electos.

Por todo isto, Esquerda Unida considera a apertura dun proceso constituínte como único xeito de que a cidadanía actúe como suxeito garante da democracia.

Relacionados