Distribución eléctrica

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insta ao Goberno Local a estudar os riscos da anticuada e inadecuada rede eléctrica de A Coruña e obrigar a empresa a desenvolver un plan un plan xeral de modificacións e mantemento actualizado, así como asegurarse a que este se aplique por parte da empresa distribuidora de electricidade. En moitas zonas da cidade hai problemas nos transformadores, fallas de illamento por cabreados sobrecargados, instalacións antigas que requentan por mor dunha escasa inversión que traerá consecuencias en forma de sobrecustes e avarías a medio e longo prazo. Os illamentos ceden e se empobrecen, debido a que os abonados cada vez consumen máis en seccións que quedan anticuadas e non son mantidos debidamente. Xa que logo EU propón o desenvolvemento dun.

Esquerda Unida considera necesario que Gas Natural Distribución aumente a inversión na rede eléctrica da cidade, pois as instalacións non responden as necesidades existentes. Gas Natural Distribución debe dar un servizo axeitado ás características de cada zona, sen escatimar en persoal e medios, para unha mellor eficiencia da rede. Existen zonas moi deficitarias, como Palavea, con constantes eivas; unha rede de alta tensión no colexio da Sardiñeira, con riscos para a saúde dos nenos e nenas, e un perigoso cableado ao aire. E se outorgan licencias para instalar liñas de alta tensión aéreas en zonas de vivendas con protección paisaxística como no caso do Castro de Elviña, para aforrar custos á empresa en vez de buscar alternativas que respecten os dereitos fundamentais dos veciños e veciñas.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indica que “é obriga do goberno municipal velar pola seguridade e saúde da veciñanza, polo que debe pular para que a empresa invista parte dos seus beneficios na mellora da rede eléctrica, porque esta precisa dun replantexamento . Os beneficios da compañía tamén deben reverter en melloras para o servizo, mais en todo caso a xestión da rede eléctrica precisa un replantexamento e control por parte do Goberno Local e a Empresa.

Relacionados