Dobre moral do PP

 

Os devanditos procedementos  consisten en adxudicar obras ou servizos limitando a presentación de ofertas a un número reducido de empresas e exime da obriga dunha convocatoria pública.

 

Esquerda Unida denuncia o dobre discurso do Goberno municipal no procedemento de contratación de obras e servicios. Pois nos escasos tres meses de goberno xa utilizou esta táctica de contratación a dedo en dous ocasións por un importe superior aos 134.000 €.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “fai catro meses o PP levaba á fiscalía o que agora está a facer, semella unha actitude hipócrita. O PP denunciaba e criticaba duramente este tipo de contratacións a “dedazo” cando gobernaba o bipartito. Agora non debería desenvolver a mesma práctica indesexábel”.

 

César Santiso afirmou “O PP consideraba este contratos ilexítimos e por iso levounos a fiscalía, aínda que estean permitidos pola Lei sempre que a cantidade sexa inferior a 200.000 € para obras e 60.000 € para servizos”.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes demanda máxima transparencia nas adxudicacións, así como o cese dos procedementos sen publicidade. En concreto propón que a veciñanza teña libre aceso as contas do concello de modo que cando se adxudique unha obra o servizo todos os informes técnicos e xurídicos estean integramente a disposición do público para a súa consulta libre, anónima e sen restricións na páxina web municipal.

Relacionados