Así as persoas cuxa renda familiar per cápita non supere os 512,33 € (IPREM) teñen unha bonificación do 95% no imposto de plusvalía e os mileuristas do 30%, mentres que durante o goberno bipartito estes colectivos tiñan que pagar o 100%. Asemade as vivendas de protección oficial reciben dous anos máis de bonificación ao 50% no IBI para favorecer as familias con menos recursos.
Ademais destes avances sociais as ordenanzas fiscais inclúen outras medidas propostas por Esquerda Unida – Os Verdes para fomentar o cambio do modelo produtivo, a reactivación económica e a xeración de emprego. A bondade das nosas achegas quedou corroborada polo apoio unánime de todo o Pleno do Concello.
Esquerda Unida denuncia a dobre moral coa que actúan algúns grupos políticos en relación co copago na dependenza. Renegando no Concello da Coruña do que eles mesmos aprobaron na Xunta de Galicia, concretamente na Orden de 22 de enero de 2009 asinada polo vicepresidente Anxo Quintana do BNG, sendo presidente Emilio Pérez Touriño do PSOE. Da devandita orden emana a obriga legal aos Concellos de aplicar o copago a dependenza, e desa mesma orden emana a rixidez dos tramos que imposibilita facer un auténtico pago solidario, máis xusto.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes quere lembrar que as ordenanzas fiscais do 2011 aprobadas polo PSOE e o BNG xa incorporaban o copago. Así, a aqueles ao que a cidadanía retiroulles o Goberno de María Pita en maio de 2011 achacan o dito copago as ordenanzas do 2012 cando en realidade a ordenanza do servizo a domicilio nin tan sequera modificouse. Con todo a incoherencia política chega máis lonxe pois votaron en contra das ordenanzas do 2012, cando todas as diferencias coas do 2011 atópanse precisamente no voto particular de EU-V, ao que si apoiaron.
O voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou “resulta vergoñento observar como algúns empéñanse en confundir a cidadanía utilizando argumentos falaces, Esquerda Unida non aprobou o copago porque este xa o aprobara o bipartito anteriormente” en resposta ás declaracións do concelleiro do PSOE Jesús Fernandez quen pretendía achacar o copago a EU-V indicando “fronte ao copago nos opuxemos dende o principio”.