Documentación proxecto Corcoesto

Alternativa Galega de Esquerda esixe á Xunta de Galicia que faga pública con carácter inmediato toda a documentación adicional presentada pola empresa Edgewater referida ao proxecto empresarial mineiro de Corcoesto. O grupo parlamentar de AGE denuncia o feito de que os grupos parlamentarios e entidades sociais non coñecen ainda a nova documentación presentada pola empresa, documentación saudada pola Dirección Xeral de enerxía e minas da Consellaría de Industria como moi importante, e que ten que ser coñecido por todos para a realización dun debate cidadá veraz sobre este proxecto empresarial que provocará graves e irreversibles danos.

A empresa continúa así a súa liña de se querer lucrar a costa de destruir ambientalmente Corcoesto contando complicidade da Xunta de Galicia que trata de impulsar un proxecto mineiro que suporía incontestables danos ambientais e sociais mantendo unha liña decimonónica, insegura, agresiva, insustentable no eido ambiental e corrupta, preñada de complicidades coas empresas concesionarias moi afastada do deber de velar polos intereses xerais.

Relacionados