Doniños

 

 

Esquerda Unida considera que Fomento  non se pode demorar máis na resolución dun problema creado polas súas obras. Neste senso, o noso Grupo fai a proposta e reclamación dun plan integral de canalizacións para as zonas afectadas polas obras do vial de acceso ao Porto Exterior, de xeito que se subsanen os riscos creados a raíz das devanditas obras.  Fomento non se pode negar a implementar este plan porque tal negativa deixaría na indefensión a nosa veciñanza.

 

Canalizacións e gabias supoñen a mellor prevención para evitar que as choivas, que logo se van volver a suceder, poñan en risco a nosa cidadanía.  Agardar até que aconteza unha desgracia persoal ten moito de exercicio doloso no desempeño das responsabilidades públicas por parte dos responsables de Fomento.

 

Nese senso, Esquerda Unida pide tamén que a alcaldía dirixa e artelle unha resposta colectiva das entidades e veciñanza implicados que aúne as organizacións políticas da cidade e sirva como ferramenta de razón e presión para que Fomento  cumpra coas súas obrigas.

 

Esquerda Unida vén sostendo da man da veciñanza unha longa batalla con Fomento para que este departamento desenvolva as necesarias compensacións á veciñanza da Zona Rural afectada polas obras. O plan integral de canalizacións que propugnamos sería o primeiro elo desa esixencia, que lonxe de ser gratuíta, atende a garantir a seguridade das veciñas e veciños desa zona.

Relacionados