Dous xeitos de facer política

Esquerda Unida considera hipócrita a actitude do PP, mentres na Coruña e na Galiza defenden a continuidade da fábrica de armas, en Madrid pónse do lado da multinacional americana. Así o está a demostrar o ministerio de defensa con seu silencio cómplice, incapaz de rexeitar publicamente a actitude chantaxista de General Dynamics, afirmando incluso que a empresa é soberana e que non considera a súa actividade de interese nacional.

Rajoy estará a demostrar a súa covardía diante do grande capital, pois a actuación de General Dynamics non é máis que unha represalia pola redución de pedidos e a cancelación do contrato de blindados por non cubrir as condicións técnicas. Asemade non debemos esquecer que esta empresa, que obtivo grandes beneficios grazas á privatización de Santa Bárbara en épocas de Aznar, é subministradora de armamento ao Ministerio de Defensa polo que o goberno central ten ferramentas máis que suficientes para presionar á empresa.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta profundamente que os propios deputados galegos do PP rexeitasen na comisión de defensa a proposición non de lei que instaba ao goberno central a esixir a empresa a que retirase as súas medidas de restruturación. Neste sentido semella paradigmático que quen fora elixido concelleiro polo PP nesta lexislatura e exercera como tal até tomar acta de Deputado, Juan de Dios Ruano, votase en contra da devandita iniciativa, desacreditanto aos seus líderes Feijoo e Negreira.

A actitude dos deputados do PP é lamentable, pois saben que a única vía para evitar o peche da Fábrica de Armas pasa porque o goberno do Estado exerza presión sobre General Dynamics en base a considerar a súa actividade de interese nacional.

O voceiro de EU-V, César Santiso, reposto ao concelleiro de servizos sociais indicando que “ao contrario do PP que di unha cousa e fai a contraria, como no caso da fábrica de armas, en eu somos coherentes, si dicimos que estamos cos débiles e na loita da rúa o cumprimos aínda que a policía deixe os nosos ósos no chan, porque facemos o que dicimos”.

 

Relacionados