O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o director de Augas de Galicia está a faltar a realidade cando asegura que están solucionados os verquidos á ría do Burgo, Francisco Menéndez, declarou que o problema dos verquidos no Burgo “se solucionou, porque a auga residual que se xera na súa cuenca é xestionada nos colectores de maneira adecuada nun 99%”.
Con todo, o Plan Hidrolóxico da Xunta de Galicia de 2011 (PHXG) contradí esa afirmación ao recoñecer explicitamente que existen verquidos contaminantes procedentes de poboación non depurada (40%) tormentas (30%) e industriais IPCC (alto potencial contaminante). O propio presidente da Delegación de UE que visitou Galicia na semana previa, Philippe Boulland, declarou “É un escándalo como está a ría do Burgo”. Incluso o propio Menéndez recoñece que a rede rebosa cando chove moito, algo habitual na Galiza. Producindo frecuentes desbordamentos con mestura de fecais, pluviais e contaminantes, feito denunciado reiteradamente pola Plataforma en Defensa da Ría de Burgo.
Esquerda Unida ten serias dúbidas de que a EDAR de Bens teña capacidade real para tratar as augas residuais conforme á normativa Europea e remate converténdose tan só nun lugar de recepción de augas residuais que, por exceso de volume a tratar, remate por verter ao mar efluentes mal depurados, sospeita que ademais apóiase nos cambios do proxecto que non prevía a instalación dun emisario pero que logo mudou de opinión, sen que teñamos constancia de que se achegasen datos solventes que avalen o cambio de postura nin temos constancia de que exista o preceptivo Estudio de Avaliación Ambiental.
Apesares do enorme investimento desenvolvido nesta actuación, quizais o maior na historia da nosa bisbarra con 128,5 millóns de euros o que ven a supoñer a metade do orzamento municipal. A EDAR de Bens nace obsoleta como demostra o feito de que a súa capacidade atópase desbordada, segundo o PHXG ten unha capacidade máxima de 358.257 habitantes-equivalentes e segundo os datos do INE no 2012 os habitantes dos concellos aos que da servizo superan os 364.000.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a depuradora constitúe unha chapuza, un sobrecuste e un despropósito, pois unha das obras de maior investimento na bisbarra coruñesa nace obsoleta”.