Os datos son abraiantes e poñen de manifesto que a estratexia posta en marcha, de forma sucesiva e sen que se cuestionase nunca realmente o modelo, polos gobernos do PP e do PSOE contribuíron a facer da educación privada concertada un lucrativo negocio…ao mesmo tempo que se ían detraendo recursos da educación pública.
Para Esquerda Unida a educación é e seguirá a ser un dereito e non un negocio. Os datos cantan: o ensino privado xerou uns beneficios correntes de 674 millóns de euros durante o curso escolar 2009-2010, un 13,1% máis ca no curso 2004-2005, data do anterior estudo. En concreto, o ensino privado non universitario incrementou os seus beneficios un 7,4%, e a educación privada universitaria fíxoo nun 32,1% no mesmo periodo.
Considerando só o quinquenio analizado (2005-2010), a financiación pública do ensino privado medra un 30%, en claro detrimento da educación pública, que vén soportando recortes tras recortes en todas as etapas educativas. Así, o ensino privado non universitario recibiu subvencións públicas de 2.411 euros por estudante no curso 2009-2010, o que representa un crecemento do 29,8% en comparación coa enquisa de 2004-2005. Ademáis, o estudo revela que as familias pagaron unha media de 1.541 euros por alumno e alumna en concepto de ensinanza en etapas non universitarias.
A Executiva Nacional de Esquerda Unida denuncia o negocio crecente da ensinanza privada concertada e esixe a supresión inmediata do concertó aos centros que se lucran a costa do diñeiro deo todos e de combros indebidos ás familias. Os novos dados publicados polo INE poñen de manifesto unha vez máis o crecente negocio da ensinanza privada, e especialmente da concertada, ou ao menos dunha parte importante da mesma, que a pesar de recibir financiación pública para impartir as ensinanzas que deciden concertar, gravan ás familias con cotas abusivas co dobre obxecto de seleccionar ao alumnado por motivos económicos, á vez que se lucran indebidamente.
A todo isto contribuíu unha práctica perniciosa, amparada na propia LOE do PSOE, que permitiu a cesión de solo público para crear centros concertados de antemán, ao marxe das necesidades de escolarización; centros que se situaron en zonas de alto nivel socioeconómico, onde amplos sectores da poboación se podían permitir o pago de “cotas complementarias”, ao coste de deixar fóra ao alumnado con menos recursos, en gran medida procedente de familias inmigrantes. Esta selección económica, que se suma á de índole ideolóxica ou cultural, medrou de forma importante en cáseque todas as Comunicades Autónomas.
Para Esquerda Unida o dereito á educación de todos e todas pasa por garantir unha rede planificada e suficiente de centros públicos cen por cen, para atender as necesidades educativas de toda a población nas súas diferentes etapas e modalidades de ensinanza.
Xunto a isto, formulamos a moratoria de novos concertos educativos, con vistas á súa progresiva eliminación, mediante mecanismos de integración negociada na rede pública e garantindo mentras tanto o seu carácter estritamente subsidiario, así como a equiparación do acceso e condicións laborais do seu persoal ás dos centros públicos.
A Coordinadora Nacional de Esquerda Unida e candidata á Xunta de Galicia, Yolanda Díaz reclama que “de forma inmediata se elimine toda posibilidade de concertar ensinanzas non obrigatorias, e que se proceda á supresión de concertos a centros que se lucren a costa do erario público, ou que incurran en prácticas de selección ou discriminación do alumnado por razóns socio-económicas, de sexo, ideoloxía, crenzas ou procedencia cultural”.