Educación ten colgado o cartel de: “Pechado en verán”

 

Dende Esquerda Unida denunciamos que “a Consellería de Educación votou o peche por vacacións sen ter resolto os principais problemas que ten a comunidade educativa e que nestes momentos teñen profundamente preocupada a todas as familias galegas, especialmente as que se teñen que escolarizar o vindeiro curso sen saber ben cal é o horizonte dese proceso de escolarización”, explica Ramón Vázquez, deputado de AGE e membro da dirección nacional de Esquerda Unida.

Ao seu xuízo, “isto ten consecuencias moi graves”. E explica: “O pasado dia 26 de xuño publicouse o decreto que regula as materias de libre configuración, cando o prazo de matrícula estaba aberto dende o 25 de xuño, o que desconcertou ás familias á hora de facer a matrícula e aos equipos directivos dos centros, onde causou trastornos”.

Doutra banda, Ramón Vázquez destacou o “caos provocado polo mal chamado Banco de libros de Fondo Solidario, xa que as equipas do centro danse conta de que estes libros non van a chegar nin son suficientes para as familias de 3º e 5º de Primaria”. “Ademais, o Goberno fala de outra axuda, a de material escolar, claramente insuficiente, que é de 50 euros e está destinada a familias que gañan 675 euros, cando mandar a un fillo ou filla ao colexio custa de media de 700 euros”, explica Vázquez.

En terceiro lugar, Vázquez considera unha cuestión transcendental, o que vai a pasar cos centros do rural. “A Consellería quere pechar 9 escolas, pero ata agosto non se van a coñecer, que é máis preocupante, xa que non dará tempo a planificar a rede de mapa de centros” e non dá tempo á familia a organizarse e decidir a súa alternativa cando se lles pecha a súa escola”. Isto fai que o Goberno de Feijóo teña batido o récord de centros pechados, 76 escolas no rural, ás que hai que engadir unhas 9, en total, unhas 85 escolas en 5 anos; todo un triste récord lamentable que vai a condear o desenvolvemento do noso rural.

“Á aplicación incoherente da LOMCE, dende a Consellería de Educación, hai que sumar outro despropósito que vén da man de Consellería de Benestar, que aproveita o verán para privatizar as escolas infantís. Hoxe o DOG publica un establecemento dun concerto de 500 prazas de Educación Infantil (0 a 3 anos) que realidade supón a privatización de escolas con prezos que non alcanzan á maioría social e con prezos que tampouco alcanzan a esa mesma maioría”. E temos que recordar que hai 3.400 familias que están sen praza e este sistema non é válido para estas familias.

Sobre a Unidade Popular.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, aproveitou para recordar que “o partido pula pola unidade popular, que veu para quedarse e está instaurada”. Segundo reflexionou, “hoxe mesmo vemos como no Estado está a xurdir un manifesto de intelectuais, máis dun centenar de homes e mulleres da cultura que están esixindo un acordo de unidade para gañar aos poderes financeiros”. Tamén recordou que a clave é lograr “unha marea cidadá que teña unha liña vermella no acerto programático e que teña en común unhas cuestións que inclúan ás maiorías sociais”.

 

Relacionados