Eficiencia enerxética

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal gasta o 10% do orzamento para cambiar tan so 150 luminarias das máis de 18.000. O gasto deste proxecto ascendeu a 157.526 euros e se enmarca dentro do programa para “a revisión e adopción de medidas correctoras para a modernización, instalación de equipos e sistemas de telexestión en centros de mando” dotado con 1,5 millóns de euros.

O grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes considera unha absoluta falta de seriedade que a inversión en eficiencia enerxética para acadar o obxectivo de Smart City so cubra o 8% das luminarias da cidade, tal e como se desprende das actuacións actuais.

O Grupo Municipal EU-V expresa preocupación por unha escasa renovación do 0,8% do total de puntos de luz invertindo un 10% do orzamento total, que de seguir a este ritmo soamente chegaría para renovar un escaso 8,5% das luminarias existentes.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que: “a inversión en eficiencia enerxética é rendible cando se actúa con eficacia, máis semella que a única preocupación do PP e contratar a empresas amigas. Os estudios dos expertos son concluíntes, non so se reducena as emisións de CO2 de cara ao medio ambiente,  sino que si as cousas se fan ven, algo que non ocorre con este goberno municipal, o tempo de amortización é inferior a cinco anos a prezo de mercado e cun cálculo do kilowatio-hora sobre 0,12 €”.

Por outra banda César Santiso criticou que o PP utiliza a propaganda electoralista até na estratexia de contratación, pois a rebaixa dun 30,5% sobre o prezo de licitación das obras, anunciada a bombo e prato, non significa ningún logro do goberno municipal pois ningúen regala cartos, senón que demostra que se está a licitar por riba do valor de mercado coa conseguinte erosión para as arcas municipais, dado que as contratas poden ofertar alto e conseguir unha adxudicación a prezos abusivos.

Relacionados