Fábrica de armas

as condicións que apreciamos resultan bastante diferentes a tenor do número de antigos empregados que finalmente poderían chegar a ser contratados.

Esquerda Unida critica que o PP non garanta os postos de traballo daqueles que loitaron porque a fábrica de armas sega existindo. En Palencia, a mediación conseguiu que 201 dos antigos empregados fosen contratados. Nos pregos do BOP para Coruña non aparece tal condición, e tan só se valorará “positivamente” que a empresa teña intención de contratar aos mesmos, situación esta que non parece de recibo cando foi grazas ás súas mobilizacións e ao seu compromiso o que evitou a perda desta importante infraestrutura industrial.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia a falla de compromiso real do PP na reconversión da fábrica de armas. Para EU o elemento fundamental para esta concesión debera xirar en torno á verificación do volume de emprego aparellado aos diferentes proxectos de explotación, por unha banda, e por outra, ao aproveitamento dos activos xa existentes na propia fábrica, posto que posúe un valor estratéxico para o sector industrial da bisbarra coruñesa.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirmou que: “cunha diversificación co capital humano existente, sería posible mirar cara a sectores como os da sostenibilidade, a economía verde ou da eficiencia enerxética”. Neste concurso admitise por fin o uso civil das instalacións, pero o certo é que a tecnoloxía existente enfocada cara a estes sectores industriais non só serviría para abrir mercado, se non que contaría co visto bó dos traballadores, o que suporía un importante activo motivacional que por desgraza non foi considerado explicitamente na mediación dos populares”.

 

Relacionados