Eivas na Vía Prioritaria Vixilada

 

Mentres, os poderes públicos miran cara outro lado e cando actúan o fan de maneira precipitada e chapuceira. Así o PSOE cando gobernou desenvolveu un sistema de carril bus sen facer antes un plan de mobilidade, resultado do cal o dito carril resultou inadecuado nalgunhas zonas, agora o PP fai o mesmo desenvolve modificacións de envergadura na mobilidade da cidade sen desenvolver un plan de mobilidade.

 

Esquerda Unida considera que as eivas que se observan na vía prioritaria amosan a falta de planificación do Goberno municipal. Dende o momento que se nos presentou o sistema que eliminaba a plataforma dedicada para o transporte público colectivo amosamos as nosas dúbidas en canto a súa efectividade e a capacidade de manter frecuencias e calidade do servizo, mais quixemos esperar a que a realidade ditaminase. Agora, recen estreado o devandito sistema observamos como usuarios, conductores de bus e automobilistas están a queixarse dos atrasos das liñas e os atascos que se están a formar nalgunhas vías onde se retirou o carril bus.

 

A última denuncia dos empregados da Compañía de Tranvías indicando que a vía prioritaria vixiada é mais estreita que os propios buses é un claro exemplo da precipitación con que actuou o Goberno municipal, que lonxe de buscar o ben común da veciñanza, actuou de maneira partidista para cumprir a toda costa unha promesa electoral. Con esta actuación o PP pon en risco a seguridade viaria e reduce a capacidade das infraestruturas viarias, pois os buses ao ocupar parte do carril contiguo o inutilizan para o resto de vehículos. En definitiva o PP está a agudizar o problema de mobilidade na nosa cidade. 

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes insiste na necesidade da constitución dunha comisión non remunerada de mobilidade e do Consello de mobilidade para afrontar de maneira participada entre todos os axentes implicados un plan de mobilidade que defina a Coruña do futuro. Un plan transcendental pois definirá en que tipo de cidade queremos vivir, por iso a necesidade de que unha vez trazadas as liñas mestras por as forzas políticas con representación en María Pita na comisión de mobilidade, se debata e consensue con técnicos, enxeñeiros, arquitectos, movemento veciñal, ecoloxistas e outros axentes implicados no Consello de mobilidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “semella lamentábel a falta de planificación en mobilidade amosada tano polo Goberno actual como polos anteriores, urxe acadar de acadar un pacto institucional”.

Relacionados