Eivas no servizo de socorrismo

Os tres criterios de adxudicación foron 60 puntos de valoración dos criterios económicos, 10 puntos de valoración para aquelas empresas que ofertaran máis tempo de servizo que os tres meses de verán, e trinta puntos para a valoración dos medios técnicos e organizativos que a empresa utiliza na prestación do servizo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que cando está en xogo a seguridade da cidadanía, debería primar o criterio da suficiencia de medios técnicos e humanos fronte o aforro de cartos. Ao igual que entende  calquera persoa con dou dedos de fronte. Así é, semella que isto é evidente para todos menos para o Goberno Municipal do Partido Popular. Ao concurso presentaron oferta varias empresas. Na valoración de medios técnicos e organizativos, que se valoraba de 0 a 30 puntos, a empresa que o final resultou adxudicataria do concurso, FESSGA obtivo só 0,6 puntos segundo consta no perfil do contratante mentres houbo outra empresa que obtivo 15 puntos.

Non entendemos como se pode adxudicar un concurso no que debe de primar a suficiencia de medios técnicos para o salvamento de vidas humanas a unha empresa que de 30 puntos de valoración de medios técnicos no chega a alcanzar ni un.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno municipal xoga con vidas humanas cunha actitude cicatera, mentres non ten pudor en malgastar millóns en festexos, esperamos que o Goberno Local rectifique o seu criterio de valoración nos concursos nos que a saúde ou a vida das persoas estean en xogo, primando a valoración dos criterios de suficiencia material fronte a uns aforros que poden chegar a custar vidas humanas”.

Esquerda Unida esixe ao Concello que investigue as queixas en canto a calidade do servizo de socorrismo, así como a falta dos medios adecuados para o seu funcionamento. Algo que o noso propio grupo municipal xa está investigando e do cal informaremos en breve.

 

Relacionados