Esquerda Unida considera as irregularidades na parcelación do polígono onde se construirá a residencia padre rubinos, como un novo exemplo das chapuzas urbanísticas da era Vázquez, pois de confirmarse as afirmacións dos propietarios da devandita parcela, o portavoz da xunta de compensación que fora alto cargo de urbanismo no Concello a finais dos anos 90, en lugar de asignar os 836 m2. que legalmente está establecido no título da propiedade e no rexistro da finca asignou 690 m2 logo dun inaceptábel regateo que comezou con tan so 300 m2.
A devandita actuación, si realmente desenvolveuse neses termos, evidencia unha nova proba de que nesta cidade algúns persoeiros actúan por riba do ben e do mal coa conivencia co Concello.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes esixe ao Goberno municipal que presente no pleno do concello un inventario de todas as situacións urbanísticas irregulares que incluía aos que participaron nelas: tanto responsábeis técnicos e políticos como beneficiarios. Así, o devandito inventario constituiríase nunha ferramenta efectiva de loita contra as irregularidades urbanísticas ao ter localizados a todos os axentes implicados nas tramas urbanísticas das últimas décadas.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os coruñeses queren saber os nomes e apelidos daquelas persoas que fomentaron o permitiron a escura e especulativa política urbanística aplicada na nosa cidade”.